O Refuxio de Bando
write my assignment paper
sammerz.ru promokod groupon
  • Calendario 2018 do Refuxio de Animais

    do 16/01/2018 ao 16/05/2018 - Ver puntos de venda

    Non merques,

    Adquire o novo calendario do Refuxio de Bando; por só 5€ colaborarás co Refuxio e cos preto de 300 animais residentes nel.

    Podes atopalo no Refuxio de Bando ou nos seguintes puntos de venda, aos que lles agradecemos a súa colaboración.

    En Santiago de Compostela:


    • Tenda de roupa "Ela Diz", na R/ Nova 24

    • Clínica Veterinaria "San Roque", na R/ San Roque 24

    • Tenda de alimentación e complementos para animais "Peludos en Compostela", na Avda. Rosalía de Castro 29-31 (Galerías Belén - Local 118)

    • Café - Bar "O Trece", na R/ Santa Clara 13

    • PAC Veterinario San Lázaro, R/ San Lázaro 108


    Outros puntos de venda:

    • "A Bufarda" Xoguetería, na R/ Colón 24, en Ourense

    • Na oficina de Correos de Fisterra, na R/ A Coruña s/n, en Fisterra.

    • En "O Café da Vila" na R/ Ameneiral 10, en Bertamiráns (Ames).

    • No Centro Veterinario Mundo Vivo, na Avda. da Maía 50, en Bertamiráns (Ames)

    • Na Peluquería Canina e Boutique "Cocotín", na Avda. da Peregrina 13, en Bertamiráns (Ames)


    Se estás interesado/a en ser punto de venda do noso calendario, diríxete ao Refuxio de Bando vía mail (administracion@refuxio.org), por teléfono en horario só de mañá (646 492 835) ou directamente no centro no horario de apertura ao público.

    Moitas grazas pola vosa axuda!!

     

  • FACEBOOK Oficial do Refuxio de Bando

    do 02/03/2018 ao 02/03/2020 -
    https://www.facebook.com/refuxiodebando/

    Arrancamos unha nova etapa na rede social Facebook. O obxectivo é reforzar o noso traballo de cara a conseguir os obxectivos fundacionais do Refuxio de Bando e dar adopción ou acollida aos animais chegados dende os concellos de Santiago de Compostela, Vedra e Teo.

    Convidámosvos a unirvos a esta comunidade.

    # RefuxiodeBando # MellorAdóptao # SantiagodeCompostela # Vedra #Teo

  • AVISO A PADRIÑOS/MADRIÑAS

    do 27/04/2018 ao 01/05/2018 -

    Aviso para as madriñas e padriños do Refuxio

    Debido á celebración do Campionato do Mundo de Enduro que terá parte do seu percorrido nos arredores do Refuxio, durante este fin de semana non se poderán sacar os cans amadriñados/apadriñados, tampouco no interior do centro xa que non é viable debido ao volume de animais apadriñados. 

    Sentimos as molestias e agradecemos a vosa colaboración.

Podes consultar os últimos eventos

Relación de actividades programadas


Zarramacedo (Bando)    Tel: 981 575 957 / 646 492 835    refuxio[@]refuxio.org    aviso legal